8º Congreso del Consejo Europeo de Investigaciones Sociales sobre América Latina (CEISAL)

O membro do Grupo HISTAGRA, Antonio Miguez Macho, o de HISTAMÉRICA Lisandro Cañón e o investigador da Universidad Nacional del Mar de Plata César Román están a coordinar o Simposio relativo ao eixe temático Historia baixo o epígrafe: “Golpes de Estado y represión en América Latina entre los años '60, '70 y '80. Perpectivas comparadas y vasos comunicantes”, dentro do 8º Congreso do Consejo Europeo de Investigaciones Sociales sobre América Latina (CEISAL) que se celebrará en Salamanca en 2016.
As distintas ditaduras imperantes en América a partires dos anos sesenta, pretenderon cambiar a natureza do Estado, manifestando o seu rexeitamento ao Estado democrático como forma de organización social, estruturándose un novo modelo estatal, unha nova forma de Estado de Excepción, co crime masivo e a violencia estatal persecutoria como método fundamental. Nun intento por disciplinar e reorganizar a cada unha das sociedades nacionais, as distintas ditaduras empregaron a represión orgánica, sistemática, estatal e paraestatal, cun claro afán liquidacionista, que acadou unha realidade obxectiva a través da desaparición de persoas, e a diseminación do terror. Neste simposio preténdese, desde unha metodoloxía multidisciplinar, reflexionar sobre os sistemas políticos ditatoriais.
CEISAL é unha rede que agrupa aos principais institutos, centros especializados en estudos de América Latina e asociacións nacionais de investigación social sobre América Latina de Europa, e que conta, actualmente, con 51 membros que representan a 19 países europeos.
Ligazóns de Interese:
http://ceisal2016.usal.es/es/ejes-tematicos
http://cehisunmdp.com/grupos/grupo-de-investigacion-en-historia-rural-rioplatense/