Conferencia do Profesor Pedro Lago nos Seminarios de Histagra 2014-2015

O vindeiro día 27 de marzo ás 12h, na Aula de máster do Departamento de Historia Contemporánea e América. Fac. Xª e Hª, celebrarase o Seminario de Pedro Lago Peñas: ¿Por qué solidaritat catalana se presenta a las elecciones generales de 1907?

A través da súa conferencia,  Pedro Lago Peñas reflexionará acerca do proceso electoral de 1907 onde, por vez primeira, Solidaritat Catalana se presenta ás eleccións xerais convocadas polo goberno da Restauración presidido por Antonio Maura. Estas eleccións foron as últimas que se celebraron baixo a Lei electoral de 1890, que en agosto foi substituída pola de 1907.
Solidaritat Catalana foi unha coalición de partidos de Cataluña fundada a raíz da promulgación da Lei de Xurisdicións en 1906. Nas eleccións xerais de abril de 1907 obtivo 41 dos 44 escanos que se elixían en Cataluña

Pedro Lago Peñas é profesor de ensino secundario. Licenciado en Historia e doutor en Ciencia Política pola Universidade de Santiago de Compostela. A súa principal área de investigación é a acción colectiva e os movementos sociais.

Ligazón:
http://www.loslibrosdelacatarata.org/catalogo/mostrarAutor/id/1221
 

Documentos