Seminario Historia, Internet e redes sociais

O Seminario Historia, Internet e redes sociais celebrarase mañá ás 12h. na Sala de máster do departamento de Historia Contemporánea e América.

O doutor Alfonso Iglesias Amorín, ofrecerá mañá, 20 de xaneiro, a partires das 12 un Seminario para os membros de HISTAGRA sobre as posibilidades de Internet para os historiadores, na liña do xa realizado para o Grupo HISPONA.

A este seminario están convidados non só os membros de HISTAGRA, senón todos aqueles alumnos do máster e do doutorado en Historia Contemporánea amais do resto de compañeiros/as do Departamento.

Guión:
1- Internet como fonte para os historiadores.
- A Wikipedia (funcionamento, vantaxes, problemas, cómo empregala de xeito "responsable")- Fontes primarias na rede (Arquivos e hemerotecas dixitais, algúns dos mellores exemplos e como sacarlles o máximo partido, prevencións e metodoloxía)- Fontes secundarias na rede (Dende as webs de libros como Google Docs ata os repositorios dixitais como Dialnet. Distintos exemplos e como aproveitalos)- Temas de copyright (creative commons e outras licencias, referenciar textos, problemas coas imaxes, imaxes libres, referenciar imaxes, etc.)

2- Internet como medio de difusión para os historiadores.
- Wikipedia (posibilidade de participar e difundir contidos, máxima difusión, mínimo recoñecemento).- Páxinas webs e blogs (Diferentes enfoques, algúns exemplos representativos, posibilidades de impacto).- Redes de difusión de contidos científicos (Dialnet, Academia.edu, etc.)- Webs e proxectos universitarios.

3- Historia e redes sociais
- As redes sociais "académicas" como academia.edu.- As redes sociais "xerais", como Facebook e Twitter. Problemas e vantaxes.- Cómo difundir contido histórico nas redes sociais - Financiación de proxectos a través da rede (crowfunding).

4.- Conclusións

Alfonso Iglesias Amorin (Santiago de Compostela, 1983), é doutor en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela (2014). A súa tese de doutoramento versou sobre a memoria das guerras de Marrocos na España contemporánea. As súas liñas de investigación principais son os conflitos bélicos, con especial atención aos derivados do colonialismo español en época Contemporánea e a memoria e os nacionalismos. É autor das monografías Imagen y repercusiones de la Guerra de Cuba en Galicia (1895-1898), I Premio Juana de Vega para Investigadores Novos; A Galicia da II República (Santiago, 2010) e é coautor de Historia de Santiago de Compostela (Santiago, 2012).

Ligazóns de interese:
http://hispona.org/gl_ES/membros/alfonso-iglesias-amorin/
http://hispona.org/gl_ES/seminariotaller-historia-internet-e-redes-sociais-por-alfonso-iglesias-amorin-2/