SEMINARIOS HISTAGRA 2014-2015

Comezan os Seminarios de Histagra e neste mes de xaneiro visitaranos, o venres día 23 ás 12h, o relator Edouard Lynch (Université Lumière Lyon 2, Francia). A súa conferencia levará por título: A cámara no campo: os arquivos audiovisuais da historia rural do século XX en Francia.
A conferencia, que se celebrará no Aula de Máster do Departamento de Historia Contemporánea e América comezará coa presentación do estado da historiografía rural do s. XX. Si o historiador desta centuria dispuxo de fontes moi ricas (escritas e orais), agora podemos utilizar documentos que durante moito tempo permaneceron en difícil acceso como son as fontes audiovisuais. O que pretendemos é amosar unha serie de exemplos para mostrar como estes rexistros veñen a alimentar o traballo do historiador, sobre todo cando se xeneralizan, na segunda metade de século. A diversidade de institucións tamén coincide coa diversidade de tipos de documentos: longametraxes, documentais, películas institucionais, educativas ou científicas onde activistas ou afeccionados amosan problemas específicos de análise e uso para a investigación.
Edouard Lynch é profesor de historia contemporánea na Universidade Lumière Lyon 2 e membro do Laboratorio de Estudos Rurais (EA-3727). A súa investigación céntrase na historia política e sindical do campesiñado francés contemporáneo, sobre todo baixo o ángulo das representacións. O seu HDR (2012) estuda as mobilizacións agrarias de 1907 até ás loitas de 1970.
Ligazóns de interese:
http://histagra.usc.es/es/nova/91541a162213/
http://ler-serec.org/index.php/membres/enseignants-chercheurs/14-lynchedouard
http://www.dailymotion.com/video/xg7t6q_edouard-lynch_news