Conferencia de Alejandro Quiroga nos Seminarios de Histagra (2014-2015)

Este venres día 5 continuamos cos seminarios de HISTAGRA. Nesta ocasión, visítanos o investigador da Newcastle University, (Reino Unido) Alejandro Quiroga, que ofrecerá a conferencia 'De Franco a Naranjito. Fútbol e identidades nacionales durante la transición' e na  que actuará como retrucante o membro de HISTAGRA Miguel Cabo.

Para este seminario, cambiamos o lugar e a hora de realización, que terá lugar ás 12:30 da mañá na aula 14 da Facultade de Historia.

Nesta conferencia, baseada no traballo Goles y banderas. Fútbol e identidades nacionales en España preténdese amosar ol uso do fútbol para producir, moldear e promover identidades nacionais en España durante a transición dos anos setenta, estudando como se teñen fomentado distintos relatos e estereotipos nacionais españois, cataláns e vascos, a través do fútbol.


Alejandro Quiroga (Madrid, 1972) é profesor de Historia de España na Newcastle University do Reino Unido e investigador Ramón y Cajal na Universidad de Alcalá de Henares. Os seus traballos céntranse no estudo dos nacionalismos e as identidades nacionais na España do XX e XXI. Forma parte de varios equipos de investigación onde a temática é o estudo do nacionalismo. A súa publicación máis recente é: Goles y banderas. Fútbol e identidades nacionales en España (Madrid: Marcial Pons, 2014).

Ligazóns:
https://portal.uah.es/portal/page/portal/epd2_profesores/prof465835
http://www.ncl.ac.uk/historical/staff/profile/alejandro.quiroga
http://www.marcialpons.es/libros/goles-y-banderas/9788415963189/

Documentos