Ciclo de conferencias. Pasados incómodos: guerra, memoria e historia (2014-2015)

O Grupo de Investigación HISTAGRA continúa co ciclo de conferencias PASADOS INCÓMODOS: GUERRA, MEMORIA E HISTORIA, no que participarán especialistas da historia, estudos culturais, socioloxía, xudicatura e do pensamento para analizar o pasado e a memoria, así como o seu tratamento presente.
O Grupo de Investigación HISTAGRA (http://histagra.usc.es/es/) ten como un dos seus principais obxectivos o estudo do golpe de 1936, a Guerra Civil, o franquismo e a transición política en España e neste marco de investigación se desenvolverá o ciclo de conferencias.
Damos continuidade ao ciclo que comezamos en xaneiro de 2014 e que se pode recuperar na súa totalidade aquí
A experiencia investigadora e profesional de cada un dos conferenciantes é contrastada o que supón compartir unha experiencia de investigación e posta en valor dun tema como é o do pasado da guerra e a memoria que segue a ser un dos vértices das políticas publicas e da investigación histórica. O ciclo servirá para dar a coñecer e difundir novas perspectivas e contrastar puntos de vista e achegas sobre o pasado incómodo e o seu tratamento actual.
O programa:
23/09/2014
Título: Vida y asesinato del médico republicano de O Incio: el recuerdo individual, el imaginario regional y la memoria histórica
Relator: José Luis Díaz (UNAM, México)
Hora: 12 h
Lugar: Aula 13. Facultade de Historia
25/11/2014
Relator: Joan Ramón Resina (Stanford University, USA)
Hora: 12 h
Lugar: Aula 13. Facultade de Historia
16/12/2014
Título: Cela no tempo de silencio: xenealoxía da república das letras no primeiro franquismo
Relator: Alex Alonso (CUNY, USA)
Hora: 12 h.
Lugar: Aula 13. Facultade de Historia
03/02/2015
Título: Autopsia social de un subtierro: Exhumaciones contemporáneas de la Guerra Civil
Relator: Francisco Ferrándiz (CSIC, España)
Hora: 12 h.
Lugar: Aula 13. Facultade de Historia
12/05/2015
Relator: John Markoff (Johns Hopkins University, USA)
Hora: 12 h.
Lugar: Aula 13. Facultade de Historia
Os conferenciantes
Data: 23/09/2014
Título: Vida y asesinato del médico republicano de O Incio: el recuerdo individual, el imaginario regional y la memoria histórica
Hora: 12 h
Lugar: Aula 13. Facultade de Historia
José Luis Díaz Gómez (Ciudad de México, 1943), graduouse como médico cirurxián na Universidad Nacional Autónoma de México (UNAM) en 1967 cunha tese dirixida por Dionisio Nieto. Nesta mesma universidade comezou unha carreira académica como investigador que aínda continúa.. A comezos dos anos 70 ampliou a súa faceta como investigador nos Laboratorios de Investigación Psiquiátrica da Universidade de Harvard e do Hospital Xeral de Massachusetts en Boston ( E.U.A) a cargo do Profesor Seymour S. Kety. Actualmente é investigador titular “C” no Departamento de Historia y Filosofía de la Medicina da Facultad de Medicina da UNAM.
Data: 25/11/2014
Hora: 12 h
Lugar: Aula 13. Facultade de Historia
Joan Ramón Resina é profesor na
Stanford University, departamento Literatures, cultures, and languages. Está especializado nas literaturas e culturas europeas modernas, con especial interese nas tradicións españolas e catalás. É Director do Programa de Estudios Ibéricos no instituto Freeman Spogli.
Data: 16/12/2014
Título: Cela no tempo de silencio: xenealoxía da república das letras no primeiro franquismo
Hora: 12 h.
Lugar: Aula 13. Facultade de Historia
Alejandro Alonso (Vigo, 1970) é profesor no The Graduate Center, CUNY de Nova York. Está especializado na historia intelectual do s. XIX e no modernismo en literatura. Na actualidade está a investigar sobre as diferentes facetas do rexionalismo, o nacionalismo e a literatura nas novelas españolas. Tamén traballa nun proxecto sobre a construción de institucións literarias españolas durante o período modernista.
Data: 03/02/2015
Título: Autopsia social de un subtierro: Exhumaciones contemporáneas de la Guerra Civil
Hora: 12 h.
Lugar: Aula 13. Facultade de Historia
Francisco Ferrándiz é doutor en Antropoloxía pola Universidad de California en Berkeley. Científico Titular do Instituto de Lengua, Literatura y Antropología do CCHS, CSIC. Foi profesor e investigador nas Universidades de Berkeley, Virginia, Central de Venezuela, Utrecht, Autónoma del Estado de Morelos, Deusto e Estremadura. Actualmente é Investigador Principal do Proyecto I+D+i «El pasado bajo tierra: Exhumaciones y políticas de la memoria en la España contemporánea en perspectiva transnacional y comparada»,e autor de Escenarios del cuerpo: Espiritismo y sociedad en Venezuela (2004), Etnografías contemporáneas: Anclajes, métodos y claves para el futuro (2011), e El pasado bajo tierra: Exhumaciones contemporáneas de la Guerra Civil (2014).
Data: 12/05/2015
Hora: 12 h.
Lugar: Aula 13. Facultade de Historia
John Markoff é Distinguished University Professor da Johns Hopkins University, USA.
A súa investigación céntrase na historia da democratización como proceso multi-continental a través dos séculos. Os seus estudos van desde a Revolución francesa até a democratización de América Latina. Na actualidade a súa investigación atende ás formas en que os movementos sociais e a democratización están entrelazados; os aspectos transnacionais da democratización incluíndo as implicacións da globalización para o futuro da democracia; e as formas en que o significado da democracia ten alterado as loitas sociais.