HISTAGRA Súmase ao pesar polo pasamento de Ángel García Sanz

O pasado 17 de xullo, faleceu en Valladolid o catedrático segoviano Ángel García Sanz, profesor de Historia Económica da Facultad de Ciencias Económicas y Empresariales da Universidad de Valladolid.
Os seus compañeiros da Real Academia de San Quirce organizaron unha homenaxe á que se sumou o Grupo HISTAGRA o pasado venres 17 de outubro.
Vicente Pérez Moreda, compañeiro e amigo de García Sanz realizou un repaso ás súas achegas historiográficas, destacando sobre todo os traballos menos coñecidos que se ocuparon da Historia Económica de Segovia e de Castela.
Ligazóns de interese:
Publicacións de Ángel García Sanz (Dialnet)
En memoria de Ángel García Sanz
La ganedería española entre 1750 y 1865: los efectos de la reforma agraria liberal