Expertos galegos da USC en Historia Rural coordinan un número especial da revista Workers of the World
Expertos galegos da USC en Historia Rural coordinan un número especial co título: Conflitividade no mundo rural contemporáneo: novas lecturas dun vello problema, da revista Workers of the World, nº 5.
Acaba de ser publicado o número 5 (xullo de 2014), da revista Workers of the World, editada pola asociación International Journal on Strikes and Social Conflict. O conflito labrego estivo na base da crise da Antigo Réxime e das revolucións liberais; como loita pola terra focalizando grandes mobilizacións nos sistemas liberais ou despóticos, sexa a favor da reforma agraria (México, 1911, Rusia, 1917, España, 1936, Portugal, 1974) ou da independencia (Irlanda o Finlandia), tamén na emerxencia das novas nacións centroeuropeas despois da Iª Guerra Mundial; despois de 1945 protagoniza a descolonización e a revolución en moitos países de Asia, América e África e incluso protagoniza a emerxencia da corrente denominada de estudos campesiños nas ciencias sociais. e coordinada neste ocasión polo Grupo HISTAGRA baixo o título, Conflitividade no mundo rural contemporáneo: Novas lecturas dun vello problema. Neste número plásmanse as potencialidades da conflitividade no mundo rural contemporáneo, repensándoa dos que como labregos, xornaleiros, arrendatarios, agricultores, etc. traballaban a terra.
O presente volume conta con traballos de especialistas en temas relacionados coa conflitividade no mundo rural:
Carlos Humberto Durand Alcántara: Hegemony, agrarian problem and Indian peoples in Mexico (A legal perspective).
Cristian Ferrer González: Popular empowerment, peasant struggles and political change: Southern Catalonia under late francoism (1968-1976)
David Soto Fernández: Community, institutions and environment in conflicts over commons in Galicia, NW Spain (18th-20th centuries)
Domenico Perrotta and Devi Sacchetto: Migrant farmworkers in Southern Italy: ghettoes, caporalato and collective action
Édouard Lynch: The fight against multiple professional land holdings: a new agrarian issue during France’s “silent revolution” (1950-1970)
Eric Vanhaute: Globalizing local struggles – Localizing global struggles. Peasant movements from local to global platforms and back
Hector J. Martínez Covaleda: Peasants and the revolution of 1781 in the viceroyalty of New Granada (Colombia)
María Candelaria Fuentes Navarro: The Spanish Communist Party and the Andalusian countryside. Rural mobilisation and social empowerment (1956-1979)
Massimo Asta: Between “resistance” to the war and social conflict. Revolts and “peasant republics” in southern Italy, 1943-1945
Niccolò Mignemi: Peasant cooperatives and land occupations in the Sicilian latifundium (1944-1950)
Noemí M. Girbal-Blacha: Land conflicts in Formosa, Argentina (1884-1958)
Pedro Gabriel Silva: Political opportunity and collective mobilization in post-revolutionary Portugal —the case of a socio-environmental conflict in the Portuguese inland (1974-1980)
Con estes traballos, os autores ofrecen novos resultados relativos a esta temática ao longo do s. XX e en diferentes espazos e culturas. Partindo de debates actuais, e desde perspectivas diversas, reflexionan sobre a conflitividade no mundo rural contemporáneo explicando tanto o seu funcionamento como as consecuencias desencadeadas.
Ligazóns de interese:
http://www.iassc-mshdijon.fr/spip.php?article353&lang=en)workersoftheworldjournal.net
http://histagra.usc.es/web/uploads/documents/file/5266373e4a91d-call_for_papers_internationaljournalonstrikesandsocialconflicts_ingles.pdf