Dossier ciclo de conferencias. Pasados incómodos: guerra, memoria e historia (xaneiro-xuño 2014)

O Grupo de Investigación HISTAGRA ten como un dos seus principais obxectivos o estudo do golpe de estado do 36, a guerra civil, o franquismo e a transición política en España e, neste marco de investigación, se levou a cabo o ciclo de conferencias PASADOS INCÓMODOS: GUERRA, MEMORIA E HISTORIA, no que participaron especialistas da historia, estudos culturais, socioloxía, xudicatura e do pensamento para analizar o pasado e a memoria, así como o seu tratamento presente.

A bagaxe investigadora e profesional de cada un dos conferenciantes supuxo compartir unha experiencia de investigación e posta en valor dun tema como é o do pasado da guerra e a memoria que segue a ser un dos vértices das políticas publicas e da investigación histórica. O ciclo marcou un camiño para dar a coñecer e difundir novas perspectivas e contrastes de novedosos puntos de vista e achegas sobre o pasado incómodo e o seu tratamento na actualidade.

Audios das conferencias

República e Guerra Civil. A construción da memoria. Conferencia de Miguel Anxo Murado. 7 de abril de 2014.

Historia Científica vs. Historia de combate na II República. Viño novo en odres novos? Conferencia de Ricardo Robledo.10 de abril de 2014.

Memoria da historia, historia da memoria. Conferencia de Anxo Loureiro. 10 de maio de 2014.

Historia por defecto. Os límites político-morais das narrativas de memoria histórica. Conferencia  de Xermán Labrador. 12 de xuño de 2014

A presenza do ausente no posfranquismo: pacto denegativo e control institucional da memoria da Guerra Civil. Conferencia de Jesús Izquierdo Martín. 19 de xuño de 2014.

 

Documentos