A Deputación da Coruña publica o traballo 'Canto val unha vaca?' de Diego Conde, premiado co "Manuel Murguía" de ensaio

A Deputación da Coruña ven de publicar un traballo do membro de HISTAGRA Diego Conde, que leva por título: Canto val unha vaca? Da cuestión á cuestión pecuaria. Este traballo foi premiado, na edición de 2013 co Premio de ensaio "Manuel Murguía" que concede a institución provincial.
O traballo ofrece unha información completa sobre o papel que cumpre a vaca na historia social e económica galega. Que papel xogou a gandería nas transformacións do agro galego e quen foron os seus promotores? Cal foi a labor dos veterinarios para a súa mellora? Como naceu a Raza Rubia Galega? A estas e a outras preguntas da resposta este traballo, amosando conclusións históricas e sociais e facendo fincapé no gando vacún e na súa relación directa co desenvolvemento da economía e da cultura
tradicional galega.
Sobre o autor:
Diego Conde (Ourense, 1977) é Licenciado e doutor en Veterinaria pola Universidade de Santiago de Compostela (2000). Membro de Historia Veterinaria Galega (HISVEGA) e do Grupo de Investigación HISTAGRA. As súas liñas de investigación son: Historia da Veterinaria e a Gandería; Historia Agraria; Historia da innovación e modernización científica no ámbito agropecuario; Guerra Civil e Franquismo.
Ligazóns de interese:
http://www.educabarrie.org/gl/recursos/unidade-didactica-juan-rof-codina
http://www.educabarrie.org/sites/default/files/recurso_educativo/fich_guia/final-ud_rof_codina-16x16cm.pdf
http://histagra.usc.es/en/investigacion/4eccc34a9cf48/