A Fundación Barrié ven de publicar unha unidade didáctica sobre a figura do veterinario Juan Rof Codina
A Fundación Barrié ven de publicar unha unidade didáctica sobre a figura do veterinario Juan Rof Codina, integrada no Álbum da Ciencia, proxecto entendido como unha ferramenta que pretende reducir o déficit de coñecemento sobre o labor científico realizado en Galicia, ou por galegos/as noutras latitudes, e dirixida a estudantes de Secundaria e Bacharelato.
Sobre a figura de Juan Rof Codina:
Juan Rof Codina, divulgador incansable, viviu sen dubida nun período de grandes cambios sociais na nosa comunidade e no noso país. O sector gandeiro que atopa é tradicional con respecto a outras comunidades ou países; mentres que o sector que deixará vai na liña da renovación e onde quedarán desterradas moitas das malas prácticas anteriores. A súa loita tamén pola profesión de veterinario na eliminación de comportamentos afastados da ciencia e a loita contra o intrusismo profesional marcará décadas de traballo profesional veterinario e deixará cimentado o futuro desa profesión.
Rof Codina é o máis coñecido, dentro do que cabe, dun grupo de técnicos agropecuarios que traballaran na nosa comunidade loitando polo desenvolvemento técnico e produtivo da agricultura e gandería galega no seu decorrer vital e deixando un legado para o desenvolvemento ao longo deste século e do anterior. Estes técnicos teñen en xeral dous papeis; a organización e artello de organizacións que fomenten as profesións agropecuarias e o asociacionismo labrego.
Sobre o autor:
Diego Conde (Ourense, 1977) é Licenciado e doutor en Veterinaria pola Universidade de Santiago de Compostela (2000). Membro de Historia Veterinaria Galega (HISVEGA). As súas liñas de investigación son: Historia da Veterinaria e a Gandería; Historia Agraria; Historia da innovación e modernización científica no ámbito agropecuario; Guerra Civil e Franquismo.
Ligazóns de interese:
http://www.educabarrie.org/gl/recursos/unidade-didactica-juan-rof-codina
http://www.educabarrie.org/sites/default/files/recurso_educativo/fich_guia/final-ud_rof_codina-
16x16cm.pdf
Ligazóns complementarias:
http://histagra.usc.es/en/investigacion/4eccc34a9cf48/
http://histagra.usc.es/es/nova/d0a47d7a3c9f/
http://histagra.usc.es/es/results/?q=codina