HISTAGRA participa no Observatori Europeu de Memòries

O próximo 6 de maio o Grupo HISTAGRA participa como convidado na primeira xuntanza do Observatori Europeu de Memòries, impulsado pola Fundació Solidaritat da UB e o Grup de Recerca Memòria i Societat da Universitat de Barcelona.
O que se pretende desde esta plataforma é analizar e comprender os distintos procesos históricos e memorialísticos do pasado recente europeo, fomentando a investigación interdisciplinar e as actividades académicas relativas á construción da memoria pública e a xestión das políticas de memoria, intensificando o coñecemento dos cidadáns para utilizar e darlle outro significado ao patrimonio memorialístico.
Nesta ocasión, desde o Observatori organízase o Primeiro Coloquio internacional: Memoria e poder. Unha perspectiva transnacional.
En representación do Grupo de Investigación HISTAGRA, acude a esta xuntanza o investigador Marie Curie, Antonio Miguez Macho