Traballo de investigación: A Revolución Verde. Concepto, debates, aplicacións e casos
Un dos obxectivos do Grupo de Referencia HISTAGRA, é dar a coñecer todas aquelas investigación que teñen un interese especial ao respecto das diferentes liñas de pescuda que vimos desenvolvendo nos últimos anos. Por esta razón, cremos conveniente amosar a todos aqueles interesados os traballos de investigación que desde distintos ámbitos se están a desenvolver e, nesta argumentación, cobran una especial presenza as tarefas que desde o Máster Interuniversitario en Historia Contemporánea moitas alumnos están a levar a cabo.
O que presentamos aquí é un traballo presentado por Marcos Folgueiras Rodríguez e Telmo Otero Rodríguez na materia “Innovación tecnolóxica e sustentabilidade na Europa Rural do s. XX”, que imparte o profesor Lourenzo Fernández Prieto e que leva por título: A Revolución Verde. Concepto, debates, aplicacións e casos
O traballo:
A Revolución Verde supón un período sen precedentes en canto a ritmo de crecemento e produtividade agrícola debido a unha serie de transformacións que rachan coa forma de facer agricultura tal e como se viña entendendo ata o momento. Intentaremos, mediante recopilación bibliográfica, analizar ditas afirmacións, as características do proceso, as súas consecuencias, e como se trasladou ó ámbito español e portugués.
Comezamos explicando a conxunción de procesos precedentes que deron lugar a que se aplicase un concepto tan indicativo como “Revolución Verde”, así como as reaccións que xerou, para continuar coa presentación das transformacións que se asumían mediante un paquete tecnolóxico. Así mesmo, pretendemos encadrar o concepto do “High Modernism” como a forza motriz que a determina e xustifica. Segundo este, o progreso supón a adopción e aplicación da tecnoloxía e das innovacións por unha sociedade que necesariamente non pode obvialas, sen importar se esas novidades son compatibles coas características autóctonas. De seguido, expoñemos o caso español e portugués, rematando cunhas consecuencias económicas para o ámbito galego das que extraemos unha serie de conclusións.
Os autores:
Marcos Folgueiras Rodríguez, (Xove, Lugo, 1990). Licenciado en Historia pola USC (2008-2013), especialidade en Historia Medieval e Moderna. Actualmente cursa o máster de Historia Contemporánea.
Telmo Otero Rodríguez, (Sober, Lugo, 1991). Graduado en Historia pola USC (2009-2013). Actualmente cursa o máster de Historia Contemporánea.
Ligazóns:
http://www.uam.es/departamentos/filoyletras/hcontemp/posgrado/presentacion.htm