Traballo de investigación: Perspectivas da historia da agricultura orgánica en Galicia

Un dos obxectivos do Grupo de Referencia HISTAGRA, é dar a coñecer todas aquelas investigación que teñen un interese especial ao respecto das diferentes liñas de pescuda que vimos desenvolvendo nos últimos anos. Por esta razón, cremos conveniente amosar a todos aqueles interesados os traballos de investigación que desde distintos ámbitos se están a desenvolver e, nesta argumentación, cobran una especial presenza as tarefas que desde o Máster Interuniversitario en Historia Contemporánea moitas alumnos están a levar a cabo.
O que presentamos aquí é un traballo presentado por Natalia Jorge Pereira e María C. Pérez Rodríguez na materia “Innovación tecnolóxica e sustentabilidade na Europa Rural do s. XX”, que imparte o profesor Lourenzo Fernández Prieto e que leva por título: Perspectivas da historia da agricultura orgánica en Galicia: teoría do atraso e teoría das permanencias e innovacións.

O traballo:
O presente traballo é froito dunha presentación para as clases da materia de “Innovación tecnolóxica e sustentabilidade na Europa rural do S.XX” do Máster de Historia Contemporánea da Universidade de Santiago de Compostela.
O eixo condutor da presentación é a evolución historiográfica galega sobre a agricultura orgánica. O traballo céntrase nas dúas teses maioritarias que son por un lado, a teoría do atraso cuxo máximo expoñente é Xosé Manuel Beiras,e a teoría das permanencias e innovacións, tese defendida polo departamento de historia agraria da Universidade de Santiago de Compostela.
O traballo finaliza cunha recollida de opinións. Por un lado, a veciños e veciñas de idade avanzada do interior de Ourense que se presenta nun soporte audiovisual. E, por outro lado, a mozos e mozas do sur pontevedrés nun soporte de audio.

As autoras:
Natalia Jorge Pereira (Tomiño, 1982) é licencia en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela, realizando a especialidade en Historia Contemporánea e de América ( 2006). Ten publicados diversos traballos relacionados coa emigración e co mundo do campesiñado no sur pontevedrés:
"As escolas indianas en Tomiño" en Pontenova, revista de novos historiadores, nº10, 2004, "O estraperlo durante a época franquista na área de Tui" en Pontenova, revista de novos historiadores, nº12, 2009, Tomiño na historia, Vigo, A Nosa Terra, 2010, Izaura Gomes. De Lisboa a Galicia (coord.), Tomiño, Concello de Tomiño, 2011, O lanzo das imaxes (audivisual), Galicia-Portugal, 2011, 50´, Unión del Porvenir (audivisual), Tomiño, 2013, 40´ ,Antonio Fernández. Pintor de tres mundos (coord), Tomiño, Concello de Tomiño, 2013. Actualmente cursa o Máster en Historia Contemporánea e de América.
María Concepción Pérez Rodríguez (Ourense, 1987) é licenciada en Xornalismo pola Universidade Complutense de Madrid. Cursou o Máster para o profesorado de educación secundaria obligatoria, bacharelato, formación profesional e ensino de
idiomas na Universidade de Vigo. Realizou o curso de Community Management pola UNED. Foi codirectora e guionista do documental Galiza emerxente da Fundación Vicente Risco. Actualmente cursa o Máster de Historia Contemporánea na USC. Apasionada da fotografía e de contar historias escribe o seu propio SITE www.lavozdelainexperiencia.com

Ligazóns:
http://www.uam.es/departamentos/filoyletras/hcontemp/posgrado/presentacion.htm

Documentos