"Diario de un médico de guardia" achégase á asistencia sanitaria no franquismo a través dun traballo de Daniel Lanero

David Simón é o administrador do blog Diario de un Médico de Guardia. Na última entrada do 30 de marzo titulada "La Obra Sindical 18 de Julio de asistencia médica al productor": Una mirada desde Ourense al pasado que puede volver", fai unha aproximación  á asistencia sanitaria no franquismo a través dun traballo de Daniel Lanero (HISTAGRA), o artigo “¿La salud es lo que importa? La O.S.18 de Julio y la asistencia médica en Galicia (1940 – 1960)” que Lanero publicou en 2010 na revista Historia Social.

Podedes ver a entrada na seguinte ligazón:

http://diariodeunmedicodeguardia.blogspot.com.es/2014/03/la-obra-sindical-18-de-julio-de.html