Seminarios de investigación HISTAGRA (xaneiro-xuño 2014)

O Grupo de Investigación HISTAGRA (Historia Agraria e Política de Galicia. Séculos XIX e XX) presenta o seu programa de Seminarios de Investigación para o primeiro semestre de 2014.

Os Seminarios de HISTAGRA son un punto de encontro para o debate colectivo entre estudantes, investigadores, especialistas, e en xeral, todas aquelas persoas interesadas nas liñas de investigación do noso Grupo e no traballo dos investigadores/as que convidamos a presentar proxectos en curso e novos resultados de investigación.

http://histagra.usc.es/es/info/sabermais/

O programa:

31/01/2014
Título: Estudo antropolóxico de Explotacións leiteiras galegas
Investigadora convidada: Bibiana Martínez Álvarez
Hora: 12:00 h.
Lugar: Aula de máster do Dep. de Historia Contemporánea e América

28/03/2014
Título: Producer cooperatives, institutional change and politics in the wine industry, 1880-1980
Investigadores convidados: James Simpson e Eva Fernández
Hora: 12: 00 h.
Lugar: Aula de máster do Dep. de Historia Contemporánea e América

25/04/2014
Título: El papel de la agricultura en la historiografía reciente sobre la crisis de los años 30 en España (2004-2014)
Investigador convidado: Sergio Riesco Roche
Hora: 12: 00 h.
Lugar: Aula de máster do Dep. de Historia Contemporánea e América

30/05/2014
Título: Dos frentes, un objetivo: combatientes y civiles durante la Guerra civil española
Investigador convidado: Claudio Hernández Burgos
Hora: 12: 00 h.
Lugar: Aula de máster do Dep. de Historia Contemporánea e América

13/06/2014
Título: "Soldados a la fuerza: reclutamiento obligatorio durante la Guerra civil, 1936 - 1939"
Investigador convidado: J. Matthews
Hora: 12: 00 h.
Lugar: Aula de máster do Dep. de Historia Contemporánea e América

Os conferenciantes:

Bibiana Martínez Álvarez

Bibiana Martínez Álvarez (Bolseira FPI no Departamento de Antropoloxía da Universitat de Barcelona e Investigadora do Grup d’Estudis sobre Reciprocitat). A súa investigación baséase no estudo das explotacións agropecuarias familiares produtoras de leite en Galicia, concretamente dentro do parque natural das Fragas do Eume.

James Simpson e Eva Fernández

James Simpson é profesor da universidade Carlos III de Madrid e membro do Instituto Figuerola de Historia e Ciencias Sociais da mesma universidade. As súas liñas de investigación son: Reforma agraria; mercados vinícolas españois, 1850-1914; causas e consecuencias económicas da guerra civil española. Coordina o programa de investigación “Cooperación y conflicto en el mundo rural”.

Eva Fernández é profesora no departamento de ciencias sociais da universidade Carlos III de Madrid. As súas liñas de investigación son as políticas e institucións agrarias (s. XIX e XX), a productividade na agricultura e na economía agraria (s. XX) e o estudo dos salarios na Idade Moderna en España.
http://portal.uc3m.es/portal/page/portal/instituto_figuerola/directorio/jsimpson http://portal.uc3m.es/portal/page/portal/dpto_ciencias_sociales/profesorado/Eva_Fernandez

Sergio Riesco Roche

Profesor de Xeografía e Historia no IES La Cabrera (Madrid). Doutor en historia contemporánea. Entre as súas publicacións destacan El Sexmo de Plasencia (1766-1905), Bibliografia sobre la Guerra Civil española, La reforma agraria y los arígenes de la guerra civil (1931-1940), así como diversos artigos en revistas científicas e obras colectivas sobre a cuestión agraria na España contemporánea, a emigración, e a ensinanza da Historia.
http://biblioteca.ucm.es/tesis/ghi/ucm-t28450.pdf
http://www.extremaduracontemporanea.es/index.php?option=com_content&view=article&id=115:ficha-socio-generica&catid=4:socios&Itemid=24

Claudio Hernández Burgos

Claudio Hernández Burgos é investigador posdoutoral na University of Leeds. Realizou estancias de investigación na Università della Sapienza e no Cañada Blanch Centre for Contemporary Spanish Studies (London School of Economics). As súas liñas de investigación centránse fundamentalmente no estudo da Guerra Civil e a ditadura franquista, prestando especial atención aos compoñentes culturais e simbólicos e ás actitudes sociais da poboación. É
autor de diversos artigos e monografías entre as que destacan: Granada azul. La construcción de la Cultura de la Victoria durante el primer franquismo, 1936-1951 (Comares, 2011) e Franquismo a ras de suelo: zonas grises, apoyos sociales y actitudes durante la dictadura (1936-1976) (EUG, 2013).
http://www.ugr.es/~histocon/html/claudio.html

James Matthews

James Matthews é doutor en Historia de España pola Universidade de Oxford, Marie Curie Intra - European Fellow no Centre for War Studies do University College Dublin. Entre a súa produción científica, destaca o traballo Soldados a la fuerza. Reclutamiento obligatorio durante la Guerra Civil, 1936-1939, editado por Alianza en 2013.

Documentos