Publicación do ensaio 'La consolidación social del franquismo. la influencia de la guerra en los “soldados de franco”'

Ven de publicarse o ensaio 'La consolidación social del franquismo. la influencia de la guerra en los “soldados de franco”' do investigador de HISTAGRA Francisco J. Leira Castiñeira.

Sobre o libro:

La consolidación social del franquismo. La influencia de la guerra en los “soldados de Franco” é produto dun TFM presentado no Departamento de Historia Contemporánea e América en 2011 que levaba por título Los soldados de Franco. Estudio Social del ejército sublevado que foi recoñecido co VI Premio de Ciencias Sociales Juana de Vega 2012 outorgado pola Cátedra Juana de Vega. O traballo pescuda no papel dos soldados na guerra civil no bando sublevado , a mobilización e incorporación a filas, o proceso en que isto se levou a cabo e como Galicia se converteu nun dos principais centros de recrutamento do exército franquista.

Sobre o autor:

Francisco J. Leira Castiñeira (A Coruña, 1987) é licenciado en Historia pola USC e máster en Historia Contemporánea (USC) e Ciencias Documentais na contorna dixital (UdC). Obtivo diferentes premios de investigación como o VI Premio de Ciencias Sociales Juana de Vega así como unha mención honorífica no concurso de ensaio George Watt 2012 que convoca a Abraham Lincoln Brigade Archives de Nova York.

Na actualidade está a realizar a súa tese de doutorado sobre as consecuencias sociais, políticas e culturais da Guerra Civil nos individuos que foron mobilizados co exército sublevado.

Ligazóns:
http://www.nomesevoces.net/gl/post/entrevista-ao-investigador-francisco-leira-histagra-polo-seu-premio-de-ensaio-sobre-guerra-civil-espanola-george-watt/