HISTAGRA participa no ciclo de conferencias: "Políticos, agrónomos y agricultores. Poder y espacios rurales iberoamericanos en el siglo XX"

O ciclo de conferencias "Políticos, agrónomos y agricultores. Poder y espacios rurales iberoamericanos en el siglo XX", que organiza a Universidad Nacional de Costa Rica en Heredia desenvolverase do 19 ao 22 de maio de 2014.
O fío condutor da xuntanza é propiciar a análise comparada dos procesos de modernización agrícola que experimentaron as economías de América Latina e a Península Ibérica entre a II G0uerra Mundial  e a década de 1980. Entre os investigadores-historiadores que presentarán os seus traballos atópanse Nicolás Cuvi (FLACSO-Ecuador),Claiton Marcio da Silva (UFFS-Brasil), Dulce Freire (U. Nova de Lisboa-Portugal) e Lowell Gudmundson (Mount Holyoke College-EEUU). En representación do Grupo de Investigación HISTAGRA, acude a esta xuntanza o investigador Daniel Lanero Táboas co traballo —realizado en colaboración con Alba Díaz—: “A la sombra del amigo americano: sobre las raíces intelectuales y los agentes de la modernización de la agricultura en España”. Esta colaboración é froito das excelentes relacións que o Grupo HISTAGRA mantén co equipo de historia agraria da Universidad Nacional de Costa Rica da que forma parte o investigador adscrito ao noso grupo, Wilson Picado.

Ligazóns:

http://www.historia.una.ac.cr/index.php?option=com_k2&view=itemlist&layout=category&task=category&id=6&Itemid=108

http://www.afehc-historia-centroamericana.org/index.php?action=fi_aff&id=3709

Documentos