Participación de Lourenzo Fernández e Andrés Domínguez no nº4 de 'Workers of the world'

No número 4 de xaneiro de 2014 da revista Workers of the world, o membro de HISTAGRA, Lourenzo Fernández Prieto colabora co artigo "The Francoist Persecution and Repression of Galicians of  Portuguese Origin in Galicia (1936-1940): A transnational historical  approach" (p. 110-132), xunto a Dionisio Pereira e Andrés Domínguez.

Resumo:

Este traballo encuádrase na historia transnacional e está fundamentado nos resultados do proxecto de investigación www.nomesevoces.net, presenta as consecuencias do proceso de persecución e aniquilación política perpetrado polos golpistas en xullo de 1936 contra a República e as consecuencias que isto tivo para os cidadáns de orixe
portugués residentes en Galicia.

A convivencia da réxime de Oliveira Salazar co golpe de Estado español, é ben coñecida: participación da columna dos 'Viriatos' na contenda, noticias de prensa do bando rebelde en Portugal, apoio loxístico aos facciosos, expulsión de fuxidos e extradición de perseguidos a territorio rebelde.

Documentos