Nacións Unidas convida ao Proxecto "Nomes e Voces" á reunión conxunta de institucións de memoria histórica que se celebrará a finais de mes en Madrid

Pablo de Greiff, Relator Especial das Nacións Unidas sobre a promoción da verdade, a xustiza, a reparación e as garantías de non repetición, púxose en contacto co Proxecto "Nomes e Voces", a través de Lourenzo Lourenzo Fernández, para manter unha reunión en Madrid o día 31 de xaneiro xunto a outros grupos de memoria histórica do Estado. 

Greiff aproveitará esta visita para percorrer diferentes comunidades, entre elas Galicia. Durante a súa estancia, o grupo HISTAGRA organizará os próximos días 29 e 30 de xaneiro unha actividade con Pablo de Greiff en Santiago de Compostela.