Presentación pública do Proxecto 'Pontevedra, a memoria das mulleres'

O vindeiro xoves 19 de decembro ás 19.30h na Casa das Campás, terá lugar o acto da presentación do proxecto “A memoria das mulleres”, programa de investigación e divulgación da historia e da memoria das mulleres de Pontevedra.

Este proxecto é unha iniciativa do Concello de Pontevedra a través da Concellaría de Patrimonio Histórico e Cultura, que xestiona Luís Bará.

A composición do consello asesor é a que segue: María Xesús López Escudeiro, Teresa Casal, Salomé Álvarez Blanco, Carme Vidal, Aurora Marco, Pilar Allegue, Cristina González, Charo Portela Yáñez, Patricia Arias, Carmen Suárez, Montse Fajardo, Xosé Álvarez Castro

A investigadora Aurora Marco intervirá coa conferencia: 'Semblanza de mulleres pontevedresas'

A continuación a actuación do grupo de pandereteiras Adonairare e a actuación da cantante pontevedresa Ángeles Ruibal.