HISTAGRA participou no XXXIII Congreso da Associação Portuguesa de História Económica e Social (APHES): "Estado, sociedade e mercados num mundo Global"

O investigador de HISTAGRA Daniel Lanero participou no XXXIII Congreso da APHES celebrado no Bom Jesus de Braga (Portugal) durante os pasados días 15 e 16 de novembro.
Daniel Lanero foi un dos ponentes da SESIÓN 7: "MODERNIZAÇÃO DA AGRICULTURA. INSTITUIÇÕES E POLÍTICAS PÚBLICAS EM PORTUGAL (SÉCULOS XIX E XXI)", onde presentou un traballo titulado: "¿Trastos viejos o poderes persistentes? Organizaciones corporativas y modernización de la agricultura en la Península Ibérica (1950 - 1975)".
Este panel do congreso foi organizado polo proxecto de investigación: "Agricultura en Portugal: Alimentación, desenvolvemento e sustentabilidade (1750 - 2000)", que dirixe a Dra Dulce Freire (ICS - Universidade de Lisboa).