Mañá, no derradeiro día do Ciclo 'Cine e historia: cinema, medioambiente e conflito social', proxectarase o documental 'A mirada de Anna'

Mañá 4 de decembro ás 18.00h no Salón de Actos de la Facultad de Filosofía de la USC proxectarase a última cinta do Ciclo "Cine e historia: cinema, medioambiente e conflito social" organizado polo proxecto de investigación “Mobilización política e conflitividade social nun contexto de grandes cambios: a Galicia rural durante o tardofranquismo e a transición (1960 – 1982) dirixido por Daniel Lanero (USC)” e Nova Escola Galega.
A película "A mirada de Anna" de Llorenç Soler e Jorge Algora (2009, 90 min.) será comentada polo ecoloxista Xocas Rubido e presentada por Víctor Manuel Santidrián Arias, Profesor de Ensinanza Secundaria.
"A mirada de Anna" céntrase na mirada da fotógrafa catalana Anna Turbau, que en 1976 se traslada como reporteira a Galicia. Durante os anos da transición á democracia, esta pioneira do periodismo gráfico traball para publicacións de tirada nacional como Interviú ou Primera Plana xunto a destacados periodistas de aquel período como Perfecto Conde, Anxel Vence ou Xavier Navaza.
O documental rescata máis de 300 fotografías dos miles de contactos que Anna Turbau conserva nos seus arquivos e que teñen permanecido en silencio durante 30 anos.
A partires das 21.00 h. e até as 22.00 h. celebrarase una avalización da actividade presentando as conclusións antes da súa clausura.