Beatriz Corbacho presentou na Universidade de Saskatchewan (Canadá) a conferencia "Environmental History of Spanish Agroecosystems"

O 25 de outubro a investigadora Beatriz Corbacho (HISTAGRA- USC) presentou no Departamento de Historia da Facultade de Artes da University of Saskatchewan (Saskatoon-Canada) a conferencia "Environmental History of Spanish Agroecosystems", con Elena Galán del Castillo, da Universidade de Barcelona, doutoranda baixo supervisión de Enric Tello.

Nesta sesión, ambas investigadoras falaron do marco teórico do metabolismo social desenvolvido por Manuel González de Molina e Víctor Toledo (2011) e das súas respectivas investigacións, centradas nos procesos de transición socioecolóxica da agricultura en Galicia e Catalunya.

Beatriz Corbacho trasladouse a Saskatoon dende o 9 de setembro e ata o 5 de decembro, realizando unha estadía na Universidade de Saskatchewan baixo a supervisión de Geoff Cunfer, profesor no Departamento de Historia, IP do proxecto internacional Sustainable Farm Systems (SFS) e director do Laboratorio de SIXH (Sistemas de Información Xeográfica aplicados á Historia).