A UIMP promove o curso "A Terra en Galicia, pasado, presente e futuro" no Concello de Lalín

A Casa Consistorial de Lalín (Praza de Galicia, 1) acolle, do 30 de setembro ao 2 de outubro, o curso “A Terra en Galicia: pasado, presente e futuro”, que promove a Universidad Internacional Menéndez Pelayo (UIMP) baixo a dirección de Román Rodríguez, Profesor Titular de Análise Xeográfico Rexional, e Pegerto Saavedra, Catedrático de Historia Moderna, ambos pertencentes á Universidade de Santiago de Compostela.

O obxectivo deste encontro, dirixido fundamentalmente a xerentes de desenvolvemento local, técnicos municipais e estudantes universitarios e investigadores, non é outro que o de proceder a análise do papel que a “terra” ten desempeñando na evolución de Galicia, prestando especial atención ao actual proceso de formación da estrutura da propiedade, como ten incidido a distribución deste ben nas dinámicas produtivas, sociais e políticas, e que estratexias de futuro pódense formular na súa xestión.

Díptico do Curso

Máis información aquí