Galería de imaxes do Seminario de Óscar Bascuñán Añover

O investigador Óscar Bascuñán Añover, profesor na Universidad de Castilla - La Mancha, presentou o pasado 24 de maio o texto: "La lucha por los montes: conflicto y política en la Sierra de Cuenca durante la Restauración".

O Seminario contou coa presentación do autor e os comentarios a cargo dos investigadores membros de HISTAGRA Xesús Balboa e Ana Cabana.


CV Óscar Bascuñán

Óscar Bascuñán Añover é doutor en Historia pola Universidad de Castilla-La Mancha e na actualidade exerce como profesor asociado no Departamento de Historia da mesma universidad.Autor de dous libros: Protesta y Supervivencia. Movilización y desorden en una sociedad rural: Castilla-La Mancha, 1875-1923 (Valencia, Fundación Instituto Historia Social, 2009); e Campesinos Rebeldes. Las luchas del campesinado entre la modernización y la globalización (Madrid, Los Libros de la Catarata, 2009). As súas investigacións teñen abordado os procesos de politización, conflito e protesta social nas sociedades rurais e campesiñas de finais do século XIX e principios do XX.

Ten realizado estadías de investigación en centros como o Consejo Superior de Investigaciones Científicas de Madrid, a London School of Economics and Political Science e a University of Lancaster, no Reino Unido. Durante dous anos realizou unha estancia postdoutoral no International Institute of Social History de Ámsterdam, onde formou parte do Departamento de Investigación. Tamén durante dous anos ten exercido como profesor titular interino no Departamento de Historia del Pensamiento y de los Movimientos Sociales y Políticos da Universidad Complutense de Madrid.