Galería de imaxes do Seminario de Carlos Gil Andrés: reflexións en torno a Piedralén: Historia de un campesino

Velaquí a galería de imaxes do Seminario de Carlos Gil Andrés (Universidad de La Rioja): Reflexións en torno a Piedralén: Historia dun campesiño.
O acto, celebrado na Biblioteca do Consello da Cultura Galega o día 19 de abril de 2013, contou coa presenza do autor acompañado do Profesor Ramón Villares Paz, Presidente do CCG e os membros de HISTAGRA: os Profesores Lourenzo Fernández Prieto e Daniel Lanero.