Conferencia do profesor Jorge Riechmann no Ciclo O(s) Sentido(s) da(s) cultura(s) do CCG

O vindeiro xoves 11 de abril ás 15.00 h. participará no Ciclo O(s) Sentido(s) da(s) cultura(s) do CCG, JORGE RIECHMANN, ensaísta, poeta e profesor titular de filosofía moral na UAM (Universidad Autónoma de Madrid).

O título da súa intervención será: Hacia una cultura de la sustentabilidad (valores, cambio cultural y ecosocialismo en el Siglo de la Gran Prueba)

O(s) Sentido(s) da(s) Cultura(s) é un seminario interdisciplinar sobre os significados da cultura no tempo presente que o Consello da Cultura Galega vén organizando dende 2007. Este seminario, coordinado polo profesor Ramón Máiz, ten como obxectivo abordar os debates e investigacións mais recentes sobre as plurais nocións e prácticas da Cultura en ámbitos tan diversos como a Filosofía, a Antropoloxía, a Arte, a xestión cultural, os estudos culturais, as políticas do multiculturalismo etc. O ciclo contou xa con intervencións de pensadores como Slavoj Zizek, Félix Duque, Alberto Ruiz de Samaniego, Darío Villanueva, Héctor Díaz de Polanco, Josep Ramoneda, Ernesto Laclau,  Fernando Castro Flórez, Anne-Marie Thiesse, José Luis Villacañas,  Anne Phillips, José Manuel Sánchez Ron, Rafael Argullol, William Shea, Donatella della Porta, Bartolomé Clavero, Lisa Wedeen ou Anthony Pagden.

A vindeira sesión terá lugar o XOVES,11 DE ABRIL DE 2013 ÁS 17:00 h. na Biblioteca do Consello da Cultura Galega

Máis información sobre a sesión de JORGE RIECHMANN no web do Consello da Cultura Galega.