O Investigador Antonio Miguez (HISTAGRA) participará nas X Xornadas Sociedade e Dereito: "Cuestións actuais da Xustiza en España"

As X Xornadas Sociedade e Dereito: "Cuestións actuais da Xustiza en España"durante varios días, até o 12 de abril, acolleran as intervencións de distintos académicos e profesionais para debater acerca da cuestión da situación da Xustiza e do seu sistema estatal e global.

O martes día 9 de abril, o Investigador do Departamento de Historia Contemporánea e de América da USC e membro de HISTAGRA, Antonio Miguez Macho, intervirá nestas xornadas coa conferencia"Impunidade e discursos de negación: unha perspectiva histórica do tratamento dos crimes da Ditadura franquista desde a Transición até os nosos días".

Adxuntamos nesta nova o programa das xornadas.

Documentos