Dossier do Seminario de María Candelaria Fuentes Navarro (Universidad de Granada)

O pasado xoves 21 de marzo, a Investigadora María Candelaria Fuentes Navarro, Dra. pola Universidad de Granada, participou no Seminario organizado por HISTAGRA coa conferencia: "El Partido Comunista de España y la sensibilización democrática de la población rural andaluza durante los años sesenta". O debate posterior foi iniciado polos comentarios sobre o texto que apuntou o Investigador Daniel Lanero (HISTAGRA-USC).
Mª Candelaria Fuentes Navarro é licenciada en Historia pola Universidad de Granada (2007). Foi bolseira FPU polo Ministerio de Educación y Ciencia (2008-2012), realizando a súa tese doutoral sobre a influenza da actividade do Partido Comunista de España na mobilización e democratización de xornaleiros e campesiños e da sociedade rural andaluza en xeral durante o Tardofranquismo e a Transición. É coautora dos artigos «Los comunistas, la democracia y el campo. El “asamblearismo campesino” y la difusión de valores democráticos entre la sociedad rural, 1962-1975» publicado no libro La España Rural, Siglos XIX y XX. Aspectos políticos, sociales y culturales; e «La construcción del franquismo en Andalucía. Perspectivas teóricas y metodológicas», publicado na revista Ayer. Realizou estanzas investigadoras internacionais no Cañada Blanch Centre adscrito á London School of Economics en Londres e na Universidad París VIII de París. Actualmente está vinculada á Universidad de Granada mediante un Contrato Puente posdoctoral.