Práctica de campo en Portomarín e Paradela dos alumnos de Hª Contemporánea de España II do 3º Curso da Licenciatura de Historia

Mañá mércores día 20 de marzo, os alumnos de 3º Curso da Licenciatura de Historiada, da materia de Hª Contemporánea de España II, realizarán unha práctica de campo organizada polos Profesores de Historia: Aurora Artiaga e Lourenzo Fernández e de Xeografía: Luís Guitián.
Na actividade visitarán Portomarín e unha zona do Concello de Paradela para explicar as características da política autárquica franquista e os seus efectos sobre o territorio, pondo como caso o encoro de Portomarín e as resistencias e consecuencias que houbo do desplazamento da poboación debido á construción do encoro no ano 1963.
En Paradela explicaráse o uso da paisaxe como fonte histórica, tendo como referencia a explicación das transformacións agrarias producidas no franquismo, no contexto da revolución verde.