Novo seminario de debate de HISTAGRA, coa investigadora María Candelaria Fuentes Navarro (Universidad de Granada)

Este vindeiro xoves día 21 de marzo, ás 12h na Aula de Máster do Depto de Historia Contemporánea e de América, HISTAGRA celebra un novo seminario de debate. A investigadora convidada será María Candelaria Fuentes Navarro, Dra. pola Universidad de Granada.
A conferencia levará por título: "El Partido Comunista de España y la sensibilización democrática de la población rural andaluza durante los años sesenta".
Os Profesores Ana Cabana e Daniel Lanero (USC) intervendrá como comentaristas para iniciar o debate.
CV María Candelaria Fuentes Navarro
Mª Candelaria Fuentes Navarro é licenciada en Historia pola Universidad de Granada (2007). Foi bolseira FPU polo Ministerio de Educación y Ciencia (2008-2012), realizando a súa tese doutoral sobre a influenza da actividade do Partido Comunista de España na mobilización e democratización de xornaleiros e campesiños e da sociedade rural andaluza en xeral durante o Tardofranquismo e a Transición. É coautora dos artigos «Los comunistas, la democracia y el campo. El “asamblearismo campesino” y la difusión de valores democráticos entre la sociedad rural, 1962-1975» publicado no libro La España Rural, Siglos XIX y XX. Aspectos políticos, sociales y culturales; e «La construcción del franquismo en Andalucía. Perspectivas teóricas y metodológicas», publicado na revista Ayer. Realizou estanzas investigadoras internacionais no Cañada Blanch Centre adscrito á London School of Economics en Londres e na Universidad París VIII de París. Actualmente está vinculada á Universidad de Granada mediante un Contrato Puente posdoctoral.