SEMINARIOS HISTAGRA PRIMAVERA 2013

O Grupo de Investigación HISTAGRA elabora un novo programa de Seminarios para a primavera 2013. Estas actividades convertiránse nunha oportunidade única para coñecer distintas experiencias académicas no ámbito da Historia Agraria e Política do Mundo Rural nos séculos XIX e XX.

A participación de profesionais pertencentes a distintas entidades académicas estatais e internacionais mostrarán experiencias sobre as liñas de investigación sobre as que o grupo HISTAGRA ven traballando desde o ano 2006: O mundo rural: do liberalismo á Segunda República, a Guerra civil, franquismo e transición, a Historia Ambiental e Historia Forestal e o cambio tecnolóxico na agricultura; motivando a ampliación do debate e o intercambio de ideas, poñendo a disposición pública a través da súa Web, histagra.usc.es, formas innovadoras de servizos e produtos científicos.

Esta programación súmase á actividade que HISTAGRA ven desenvolvendo coa vontade de mostrar investigacións, proxectos e ofertas relacionadas coa divulgación e a investigación histórica contemporánea, aspirando a establecer espazos propicios de intercambio, alianzas e novas articulacións no ámbito económico e social.

 

 

 

Documentos