V edición do Premio Earl J. Hamilton

O Consello da Asociación Española de Historia Económica (AEHE) convoca a quinta edición do Premio Earl J. Hamilton ao mellor artigo de historia económica publicado polos seus membros nas revistas internacionais de maior prestixio e recoñecemento científico en 2012. Con elo desexa tamén fomentar a internacionalización das publicacións realizadas polos membros da Asociación.

O Consello da AEHE considera como publicacións periódicas de maior prestixio e recoñecemento científico internacional ás revistas especializadas que dispoñen dos parámetros e indicios de calidade recoñecidos pola comunidade científica e están referenciadas nos índices de impacto e principais bases de datos internacionais.

Son candidatos ao Premio Hamilton todos os artigos publicados durante 2012 polos membros da AEHE nas revistas internacionais que reúnan os requisitos sinalados. Calquera membro da AEHE poderá propoñer cantos artigos publicados do ano referido estime conveniente, enviando separatas electrónicas, preferentemente, á Secretaria Xeral da AEHE.

As propostas enviaranse, acompañadas dunha copia electrónica do artigo, á seguinte dirección electrónica: aehe@um.es, antes do 15 de marzo de 2013.

O Premio Hamilton será fallado por un Xurado de tres membros elixido polo Consello da AEHE e será comunicado nos medios oportunos antes do 30 de xuño de 2013.