HISTAGRA é novo membro da Asociación Internacional 'Strikes and Social Conflicts'

O grupo HISTAGRA é novo membro da "International Association Strikes and Social Conflicts", unha entidade de membros institucionais e individuais, cuxos obxectivos de promover e espallar estudos sobre o traballo e conflitos sociais de xeito interdisciplinar, global, de longo prazo histórico rexeitando a perspectiva Eurocéntrica.
A Asociación organiza conferencias cada dous anos de xeito de xeito itinerante.
O grupo Histagra contactou con esta Asociación a través da investigadora Raquel Varela (Instituto de História Contemporânea da Universidad Nueva de Lisboa), Presidenta da International Association Strikes and Social Conflicts, cando HISTAGRA organizou no mes de decembro de 2011 unha presentación-conferencia de Raquel Varela para presentar a Asociación 'International Association Strikes and Social Conflicts: uma associação global de estudo do trabalho e dous conflitos sociais'. Nesta presentación a propia Raquel Varela explicou as liñas de traballo e os estudos que sobre o tema dos conflitos sociais está a levar cabo.