HISTAGRA organiza en Madrid a presentación do último libro de Paul Brassley
O Grupo de Investigación HISTAGRA: Historia Agraria e Política do Mundo Rural. Séculos XIX e XX, en colaboración coa Sociedad Española de Historia Agraria (SEHA) e co apoio do Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente, organiza o acto de presentación en España da obra War, Agriculture and Food: rural Europe from 1930s to 1950s, Nueva York, Routledge, 2012, da que son editores os Profesores Paul Brassley; Yves Segers e Leen Van Molle.
A presentación realizarase en Madrid ás 12h15’ do venres 23 de novembro no marco do II Seminario Anual da SEHA, que se celebra nesa data no Ministerio de Agricultura (Salón de Actos do edificio da rúa Alfonso XII, nº 62). Nela participará o Profesor Paul Brassley (University of Exeter, Reino Unido), quen ademais de contribuir cun capítulo a esta obra de referencia na historiografía agraria europea máis recente, é un dos coeditores. O Profesor Brassley será presentado por Daniel Lanero, investigador da Universidade de Santiago de Compostela e xestor científico de HISTAGRA.
Acerca da obra
“Entre las décadas de 1930 y 1950 la vida rural en Europa sufrió profundos cambios, en parte como resultado de la Segunda Guerra mundial, y en parte como consecuencia de transformaciones que se habían venido produciendo durante bastantes años. Este libro examina una serie de países europeos, de Escandinavia a España* y de Irlanda a Hungría, a lo largo de este periodo crucial, e identifica tanto las presiones comunes a las cuales todos ellos respondieron como las características particulares de cada país. En particular, analiza los procesos de desarrollo agrario en Europa occidental en conjunto, el impacto de la guerra en las relaciones comerciales internacionales, la relación entre estados y agricultores y las identidades en cambio de las poblaciones rurales. Ofrece un valiente intento de escribir una Historia Rural de escala europea, y resultará de interés no sólo para historiadores, sino también para todas aquellas personas interesadas en los precedentes históricos de la Política Agraria Común de la Unión Europea, para la cual los cambios que aquí se tratan supusieron un dramático prólogo”
(traducido ao español da sinopse dispoñible en www.routledge.com)
*O capítulo dedicado a España: “Spanish agriculture 1931-1955 : crisis, wars, and new policies in the reshaping of rural society”, é da autoría do Profesor Juan Luis Pan – Montojo.
Sobre Paul Brassley
Paul Brassley conseguiu seu Bachelor of Science (BSc) en agricultura e economía agraria na Universidad de Newcastle upon Tyne. A continuación trasladouse á Escola de Historia Moderna da Universidade de Oxford, onde, baixo a supervisión da Dra. Joan Thirsk, escribiu unha tesiña sobre a economía agraria do Noroeste de Inglaterra no período 1640 –1750 coa que obtuvo o título de Bachelor Literate (1974). Este traballo foi posteriormente publicado (1985) na colección de Historia Económica Británica Moderna por Garland Press, conformando tamén a base do que sería o Volume V da Historia Agraria de Inglaterra e Gales. No ano 1974 foi nomeado lectureship en Economía Agraria no Seale - Hayne College de Devon, que máis adiante pasou formar parte da Universidade de Plymouth. Entre 2004 e 2009 foi lecturer en Historia e Política Ruraiss na Escola de Xeografía da mesma Universidade. O seu maxisterio centrouse na Economía Agraria e as Políticas Rurais, o que quedou reflectido na publicación do seu manual La Economía Agraria e a PAC: unha introdución (Blackwell, 1997).
A súa investigación, coa excepción dalgúns traballos sobre a importancia dos cambios efémeros na percepción da paisaxe, estivo dedicada á Historia Rural. Máis alá da edición académica dos Cadernos de Crakanthorp (de finais do século XVII), o seu traballo estivo focalizado sobre o final do século XIX e o século XX. Foi un dos principais autores do Volume VII da Historia Agraria de Inglaterra e Gales (Cambridge University Press, 2000), con capítulos sobre ciencia agronómica, educación e diferentes aspectos da tecnoloxía agraria. Este material, xunto con varios artigos sobre ciencia agronómica e tecnoloxía nos séculos XIX e XX, constituiu a base do seu doutorado, premiado pola Universidade de Plymouth en 2001. É un dos fundadores do Grupo de Investigación en Historia Rural do período de Entreguerras, e un dos editores da súa primeira publicación: O campo inglés entre as guerras: rexeneración ou decadencia? (Boydell and Brewer, 2006). Nos últimos anos, gran parte do seu traballo estivo relacionado coa historia de diversos aspectos da produción agraria e do cambio tecnolóxico.
Traballou con varios Grupos de investigación internacionais, incluíndo o Grupo de investigación belga vinculado ao programa CORN para a investigación da Historia Rural da área do Mar do Norte, o Programa COST/Progressore da European Sciencie Foundation e o referido Grupo de Investigación da Historia Rural de Entreguerras. Editou recentemente, con colegas da Universidad de Lovaina unha colección de ensaios sobre a Europa rural nos anos en torno á Segunda Guerra Mundial: Brassley, P.; Segers, Y. e Van Molle, L. (eds.), 2012: Guerra, Agricultura e Alimentación: a Europa rural entre os anos 30 e 50 (Routledge), na que participou cun artigo sobre o comercio agrícola internacional. Na actualidade é Senior Research Fellow na Universidade de Exeter nun proxecto de investigación coa financiación da ESRC centrado no cambio tecnolóxico na agricultura británica entre 1935 e 1985. Formou parte durante moitos anos dol Comité Executivo da Sociedade Británica de Historia Agraria (BHAS) da que foi presidente entre 2005 e 2009.