Presentación das investigacións en curso das investigadoras Araceli Freire Cedeira e Beatriz Corbacho González
Hoxe xoves día 8 de outubro ás 09.30h, na Aula de Máster do Departamento de Historia Contemporánea e América celebrarase unha nova actividade de HISTAGRA para falar do mundo rural.
As investigadoras do Departamento Araceli Freire Cedeira e Beatriz Corbacho González (HISTAGRA) presentarannos o estado actual das súas investigacións de doutoramento:
Araceli Freire Cedeira: "Conflictividade social no medio rural galego durante o franquismo. O caso dos montes vecinais en man común / Social unrest in rural Galicia during the Franco Regime. The case of the common lands"
Beatriz Corbacho González: "A transición socioecolóxica dunha agricultura atlántica europea: o caso da agricultura galega, 1750-2000/ The Socioecological Transition of an Atlantic European Agriculture: The Galician Case Studie, 1750-2000"