O Profesor Miguel Cabo Villaverde co-edita o libro 'De la idea a la identidad: estudios sobre nacionalismos y procesos de nacionalización'
Ven de publicarse a obra De la idea a la identidad: estudios sobre nacionalismos y procesos de nacionalización dos Profesores Ramón López Facal e Miguel Cabo Villaverde (eds.), este último ademais membro do grupo HISTAGRA.
Diferentes profesionais ofrecen a súa perspectiva sobre a temática da identidade entre os que destacamos os membros do grupo Histagra, cos seguintes capítulos:
"La Historia más allá de la memoria: de las víctimas a los verdugos. Re-visión desde Jorge Semprún" de Lourenzo Fernández Prieto
"Los movimientos regionalistas y nacionalistas desde la óptica de un prohombre del liberalismo: Montero Ríos ante el catalanismo" de Margarita Barral Martínez
"Un historiador entre exiliados republicanos. José Luis Romero y las revistas culturales de Buenos Aires (1942-1949)" de Ramón Villares Paz
"Enseñanza y nacionalización de la población española (1850-1931)" de Ramón López Facal e Miguel Cabo Villaverde
De la idea a la identidad é unha obra plural que inclúe perspectivas variadas sobre os nacionalismos e a construción de identidades. Se estrutura en tres seccións, dedicadas á análise dos nacionalismos como tales, aos procesos de nacionalización mediante os cales a/s identidade/é nacionais son asumidas pola poboación e ao estudo da interacción dos nacionalismos con outras ideoloxías, recolléndose así tres tipos diferentes de aproximacións aos procesos de construción nacional. Estas tres liñas de análise foron obxecto de estudo por parte de Xusto Beramendi e como recoñecemento ás súas relevantes contribucións historiográficas, ademais dos seus valores humanos, e con motivo da súa xubilación como catedrático da Universidade de Santiago de Compostela reuníronse neste libro traballos de dezaoito especialistas.
O conxunto das achegas ofrece os enfoques teóricos e metodolóxicos máis actuais para o estudo dos nacionalismos, un fenómeno intimamente ligado ás transformacións sociopolíticas da contemporaneiade e que aínda hoxe en día mantén un protagonismo indubidable tanto nos debates científicos coma na visión do mundo e de si mesmos de millóns de persoas.