Consulta o CALENDARIO DE ACTIVIDADES científicas de HISTAGRA para o ano 2012

Este é o calendario coas actividades científicas organizadas polo grupo HISTAGRA

SETEMBRO 2012

DÍA 27 DE SETEMBRO

Xornada de traballo organizada polo Grupo de Investigación Histagra: La socialización en la guerra contra la República y los apoyos de la dictadura franquista. Reclutamiento, movilización y participación en el “Ejército sublevado” (1936-1939). Presentación do Proxecto: Hipóteses de partida e borrador de resultados de Andrés Domínguez Almansa e Lourenzo Fernández Prieto. Exposición do texto de debate de Francisco Leira Castiñeira. Retrucantes e debate por parte de Antonio Miguez Macho e Daniel Lanero.

OUTUBRO 2012

DÍA 4 DE OUTUBRO

Seminario do Profesor Dr. Paul Brassley: "British farming between the Wars". Aula de Máster, 12.00 horas.

DÍA 11 DE OUTUBRO

Seminario do Profesor Dr. David Soto Fernández a partir do texto: La protesta campesina como protesta ambiental. Siglos XVIII – XX (SOTO FERNÁNDEZ, D., HERRERA GONZÁLEZ DE MOLINA, A., GONZÁLEZ DE MOLINA, M. e  ORTEGA SANTOS, A., "La protesta campesina como protesta ambiental. Siglos XVIII - XX", Historia Agraria, 42, agosto 2007, p. 277-301, © SEHA.). Aula de Máster, 10.00 horas.

DÍA 18 DE OUTUBRO

Presentación da investigación de doutoramento en curso dos bolseiros do Departamento de Historia Contemporánea e de América: Alba Díaz Geada e Alfonso Iglesias Amorín. Aula de Máster, 10.00 horas.

DÍA 23 DE OUTUBRO

Presentación de proxectos de investigación a cargo dos/das profesores/as que imparten docencia no Máster de Historia Contemporánea: presentación do Grupo de Historia Agraria e Política do Mundo Rural: HISTAGRA a cargo de Daniel Lanero Táboas, presentación do Proxecto Interuniversitario 'Nomes e Voces' a cargo de Andrés Domínguez Almansa e presentación da liña de investigación Nacionalización española en Galicia a cargo de Miguel Cabo Villaverde. Aula de Máster, 10.00 horas.

DÍA 30 DE OUTUBRO

Seminario a cargo de Paul Brassley coa conferencia: "Cutting across nature? The history of artificial insemination in pigs in the United Kingdom". Aula - Seminario do Depto de Xenética (Facultade de Veterinaria, Campus de Lugo), 12.00 horas.

NOVEMBRO 2012

DÍA 6 DE NOVEMBRO

Os Profesores Paul Brassley e David Soto Fernández, xunto co Investigador Principal de HISTAGRA, Prof. Dr. Lourenzo Fernández Prieto, visitan o Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM) do CSIC.

DÍA 8 DE NOVEMBRO

Presentación en HISTAGRA da investigación de doutoramento en curso dos bolseiros do Departamento de Historia Contemporánea: Beatriz Corbacho e Araceli Freire. Araceli Freire: "Conflictividad social en el medio rural gallego durante el Franquismo. El caso de los montes vecinales en mano común"/ "Social unrest in rural Galicia during the Franco Regime.The case of the common lands".  Beatriz Corbacho: "A transición socioecolóxica dunha agricultura atlántica europea: o caso da agricultura galega, 1750-2000"/ "The Socioecological Transition of an Atlantic European Agriculture: The Galician Case Studie, 1750-2000". Aula de Máster do Depto de Historia Contemporánea e de América, 09.30 horas.

DÍAS 16 e 17 DE NOVEMBRO

O grupo de investigadores de HISTAGRA participan, como membros da rede de agroecoloxía reVOLTA, no Coloquio “A propiedade da terra: desde a Historia para o futuro", organizado por reVOLTA. Casa do Saber,  Lugo

DÍA 23 DE NOVEMBRO

HISTAGRA e  SEHA organizan a presentación en Madrid do último libro editado por Paul Brassley:  War, Agriculture and Food: rural Europe from 1930s to 1950s, Routledge, 2012. Ministerio de Agricultura (Salón de Actos do edificio R/Alfonso XII, nº 62)

DÍA 29 DE NOVEMBRO

Seminario a cargo do Prof. Dr. Paul Brassley (Universidade de Exeter, Reino Unido): “European agriculture since World War II: technical change in south - west England, 1940 – 1985. Aula de Máster do Depto de Historia Contemporánea e de América, 09.30 horas.

DÍA 30 DE NOVEMBRO

Os Profs. Paul Brassley e Miguel Cabo visitan as instalacións da Misión Biolóxica de Galicia (Salcedo, Pontevedra) e repasan a historia do centro cos seus técnicos.

DECEMBRO 2012

DÍAS 10 e 11 DE DECEMBRO

Os Profesores Paul Brassley e Daniel Lanero visitan e analizan as paisaxes agrarias das comarcas de O Condado e O Ribeiro.

DÍA 12 DE DECEMBRO

Seminario do Prof. Paul Brassley: “International Trade in  Agricultural Products in the Second
World War and the Role of Spain as a Neutral Country". Organizado por HISTAGRA en colaboración co Grupo de Investigación GESPIC. Aula 4 da Facultade de CC.
Económicas,  12.00h.

DÍA 13 DE DECEMBRO

Seminario de debate a cargo do Prof. David Soto (Universidad Pablo de Olavide de Sevilla): "O metabolismo na agricultura española do século XX". Aula de Máster do Depto. de Historia Contemporánea e de América. 09.00 h.

Documentos