Ciclo Pasados Incómodos: Conferencia As mulleres soas: A violencia contra as mulleres no franquismo

Novo ciclo de conferencias Pasados incómodos de HISTAGRA 2026-2027

 

O próximo día 27 de outubro ás 18:00 h. terá lugar na facultade de Xeografía e Historia -Sala de profesores- unha nova xeira do ciclo de conferencias de HISTAGRA Pasados Incómodos.

 

Nesta ocasión levaremos a cabo a mesa redonda: As mulleres soas. A violencia contra as mulleres no franquismo, memoria e historia en perspectiva comparada.

 

Esta mesa, coordinada polo membro de HISTAGRA Antonio Miguez Macho está composta polas historiadoras e especialistas en estudos sobre a muller: Natalia Jorge Pereira (Doutora en Historia e investigadora independente), Montse Fajardo (investigadora independente e especialista nos estudos sobre a muller), Uxia Otero (Doutora en Historia, investigadora da USC e especialista en estudos de xénero e Emma Pietroletti (Historiadora especialista na persecución á muller no fascismo)

 

A actividade enmárcase no proxecto Femweave coordinado pola Asociación Agareso e no que participa HISTAGRA e Anppia -Associazione Nazionale Perseguitati Politici Italiani Antifascisti-

 

Datos:

Data: 27/10/2026

Título: Mesa redonda: As mulleres soas. A violencia contra as mulleres no franquismo, memoria e historia en perspectiva comparada.

Relatoras: Natalia Jorge Pereira (Doutora en Historia e investigadora independente), Montse Fajardo (investigadora independente e especialista nos estudos sobre a muller), Uxia Otero (Doutora en Historia, investigadora da USC e especialista en estudos de xénero e Emma Pietroletti (Historiadora especialista na persecución á muller no fascismo)

Hora: 18:00 h       

Lugar: Sala de profesores. Facultade de Historia

Documentos