Investigador de HISTAGRA consegue o X Premio de Investigación 2025 HUME
Gael U. Proupín Cantelar, investigador de HISTAGRA acada o X Premio de Investigación HUME, 2025
O X Premio de Investigación HUME 2025, organizado pola Asociación de Estudos Históricos e Sociais Hume das Pontes (A Coruña), recoñeceu os traballos que profundan na historia e sociedade da comarca durante a posguerra e o réxime franquista.
O fallo do xurado outorgou o primeiro premio a Gael Uxío Proupín Cantelar, investigador predoutotal de HISTAGRA-CISPAC polo traballo: O exército negro da autarquía: corrupción, estraperlo e intervencionismo nas Pontes e comarca.
Obtivo a máxima puntuación do xurado, que destacou a súa achega innovadora e o seu marcado enfoque social. A investigación evidencia a resiliencia e capacidade de adaptación da poboación produtora, que desenvolveu estratexias complexas de supervivencia nun contexto marcado pola escaseza, o racionamento adulterado e as políticas coercitivas do franquismo.
Segundo a valoración, este enfoque humanizado ilumina a experiencia das familias labregas, ten un claro interese social ao revelar prácticas de corrupción estrutural e achega un valor fundamental para a memoria e a identidade local, ao sacar á luz unha realidade histórica pouco explorada. A mirada “desde abaixo”, centrada na vida cotiá e nas dinámicas económicas reais, ofrece unha visión que raramente aparece na historiografía tradicional"
A entrega do premio será o próximo 3 de xullo ás 20:00 h na Casa Dopeso de As Pontes.
Máis información:
(http://www.humehistoriaaspontes.com/premios-investigacioacuten.html)