Resumos Ciclos de conferencias HISTAGRA 2025-2026
Resumos Ciclos de conferencias HISTAGRA 2025-2026
Rematado o curso 2025-2026 publicamos o resumo e unha escolma de fotografías das actividades levadas a cabo por HISTAGRA no Ciclo Seminarios e Pasados Incómodos 2025-2026.
Os Seminarios de HISTAGRA son un punto de encontro para o debate colectivo entre estudantes, investigadores, especialistas, e en xeral, todas aquelas persoas interesadas nas liñas de investigación do noso Grupo e do traballo dos investigadores/as que convidamos a presentar proxectos en curso e novos resultados de investigación.
O Grupo de Investigación HISTAGRA continuou co ciclo de conferencias PASADOS INCÓMODOS: GUERRA, MEMORIA E HISTORIA, no que participaron especialistas da historia, estudos culturais, socioloxía, xudicatura e do pensamento para analizar o pasado e a memoria, así como o seu tratamento presente.