Entrega premio Trasalba 2026 a Ramón Villares

Entrega premio Trasalba 2026 a Ramón Villares

 

O sábado 27 de xuño as 12:30 h. o investigador de HISTAGRA, Ramón Villares, recibirá o premio Trasalba 2026 na Casa Museo Otero Pedrayo, en Trasalba (Amoeiro).

 

Os actos comezarán coa laudatio de Rosario Álvarez e de seguido a actuación musical de Maria Do Ceo, a presentación do libro "A miña amizade con Castelao e outros escritos" de Ramón Otero Pedrayo (edición de Patricia Arias Chachero) e a intervención de Ramón Villares Paz.

 

O premio Trasalba, que outorga a Fundación Otero Pedrayo, instituese no ano 1983 e celébrase no último domingo do mes xuño. Nun primeiro momento, a razón do premio era a vinculación, directa ou indirecta, coa figura e os ideais de don Ramón. Progresivamente foi evolucionando cara a un personaxe referente na nosa cultura galega. Salvo o premio concedido a Agustín Sixto Seco, fundador e primeiro presidente da Fundación, que tivo carácter de póstumo, sempre se concede a unha persoa en vida.

 

Máis información:

 

https://fundacionoteropedrayo.org/o-premio-trasalba/