Seminario: A longa historia do foro: A epopea da propiedade en Galicia no centenario do decreto da redención foral
Seminario: A longa historia do foro: A epopea da propiedade en Galicia no centenario do decreto da redención foral
O venres día 26 de xuño ás 9:30 no Paraninfo da Universidade (Fac. de Xeografía e Hisjtoria, 1º andar), comezará o Seminario A longa historia do foro:A epopea da propiedade en Galicia no centenario do decreto da redención foral, organizado polo Grupo HISTAGRA e coa colaboración da Facultade de Xeografía e Historia e o CISPAC. Conmemorando o centenario da lei de redención de foros de 1926, aproveitamos para facer un repaso histórico deste sistema de propiedade tan característico de Galicia.
Ademais, celebraremos os 20 anos do Grupo HISTAGRA cunha breve exposición no claustro do primeiro andar da Facultade de Xeografía e Historia
Desde as 9:30 até as 14:30 varios especialistas participarán en mesas redondas onde se disertará sobre a evolución do foro ao longo da historia, desde o medievo até a actualidade.
O programa do Seminario é:
O Foro na Galicia medieval e moderna 9:30-11:00
Modera: Ramón Villares Paz
Fernando López Alsina
Pegerto Saavedra
Vitor Manuel Migues Rodriguez
Rubén Castro Redondo
11:00-11:30 Descanso
Do Foro ao campesiñado propietario na Galicia Contemporánea. 11:30-13:00
Modera: Lourenzo Fernández Prieto
Ramón Villares Paz
Aurora Artiaga Rego
Pilar López Rodríguez
Xesús Balboa López
Miguel Cabo Villaverde
Que queda da cuestión agraria despois do foro? 13:00-14:30
Modera: Miguel Cabo Villaverde
Ana Cabana Iglesia
Alba Díaz Geada
David Soto Fernández
Lourenzo Fernández Prieto
Sobre o encontro:
Se hai un feito histórico na historia contemporánea de Galicia que mereza o nome de epopea é a consecución da propiedade plena da terra que culminou co decreto de redención foral do 26 de xuño 1926 pero que en realidade é froito dun proceso longo, complexo e conflitivo, onde a axencia labrega xogou un papel central. Máis a historia do foro é moito máis longa e igual de interesante que o propio proceso de redención. A figura, orixinada na idade media e desenvolvida ó longo da idade moderna, tivo un papel central na configuración do sistema agrario orgánico en Galicia e nas relacións sociais e económicas nos distintos grupos que configuraron a sociedade galega. Co gallo da data simbólica do centenario queremos aproveitar para repasar o traballo que varias xeracións de profesionais da Historia realizaron sobre o tema, reflexionar sobre a súa vixencia historiográfica e debater sobre a permanencia ou non da cuestión agraria despois da consecución da propiedade. Queremos aproveitar tamén esta data para celebrar o vinte aniversario da formación do grupo HISTAGRA, Historia Agraria e Política do Mundo Rural. Séculos XIX e XX, un colectivo que procede precisamente da xeración de contemporaneistas liderados por Ramón Villares e que tiveron a cuestión agraria no centro das súas preocupacións. Queremos tamén lembrar neste acto o intenso traballo desenvolvido nas áreas de Historia Medieval e Moderna da USC. Todas estas investigacións dotaron á historiografía agrarista de Galicia dun corpo sólido de coñecemento internacionalmente recoñecido.
Datos:
Título: A longa historia do foro:A epopea da propiedade en Galicia no centenario do decreto da redención foral
Hota: 9+:30-14:30
Lugar: Paraninfo da Universidade, Facultade de Xeografía e Historia, 1º andar.
Organiza: Grupo HISTAGRA
Colabora: Facultade de Xeografía e Historia e CISPAC