Aniversario do convenio que deu lugar a CENOMI: NOMES, NOMS, NOMBRES, IZENAK

Aniversario do convenio que deu lugar a CENOMI: NOMES, NOMS, NOMBRES, IZENAK

 

 

En abril de 2025, a Secretaría de Estado de memoria Democrática e a Universidade de Santiago de Compostela, a través do Grupo de Investigación HISTAGRA, asinaron un convenio de investigación para elaborar o Censo Estatal de Vítimas, en cumprimento do mandato da vixente Lei de Memoria Democrática


CENOMI: NOMES, NOMS, NOMBRES, IZENAK incluirá a todas as persoas que foron vítimas mortais da violencia exercida a partir do Golpe de Estado de1936 e ata o final do ano 1939 nesta primeira fase. O equipo principal que levará a cabo esta tarefa está instalado no CISPAC, Centro de Investigación Interuniversitario de Paisaxes Atlánticas Culturais, das tres universidades galegas (USC, UdC e UVigo). Está dirixido polo Catedrático de Historia Contemporánea da USC, Lourenzo Fernández Prieto e o Doutor en Historia Contemporánea da USC Antonio Miguez Macho, a coordinación corre a cargo da doutora en Historia Contemporánea Cochi López Sánchez.


O proxecto constrúese sobre a metodoloxía de investigación histórica: crítica e análise de fontes, valoración cualitativa e cuantitativa da información e heurística. Tecnicamente, emprega a plataforma «Dédalo», un sistema informático de xestión e difusión da información do patrimonio cultural cunha acreditada traxectoria de máis de vinte anos de experiencia que o avala. Neste soporte traballa directamente o equipo de CENOMI para rexistrar a información derivada da busca de vítimas mortais no período que vai de xullo de 1936 a decembro de 1939. Como resultado da indagación, definindo a trazabilidade das fontes, a garantía de contraste das mesmas e o método de validación dos nomes, xeramos unha relación nominal de vítimas que inclúe, ademais —cando é posible—, múltiples datos biográficos das persoas identificadas: idade; profesión; lugar de
nacemento, veciñanza, defunción...; ou tipo de suceso violento polo que foron vítima.

 

Os obxectivos da investigación son:

 

  • Elaborar un cartografado de entidades e grupos de traballo que teñan unha bagaxe previa nesta tarefa.

 

  • Deseñar un plan preliminar que defina os pasos e as metodoloxías precisas para ampliar, nunha segunda fase, o abano temporal do censo ata 1942.

 

  • Contribuír á creación, transmisión e crítica dos coñecementos científicos, técnicos e humanísticos, para unha educación baseada en principios democráticos, a defensa da paz e os dereitos humanos.

 

  • Traballar na investigación histórica, no estudo do pasado contemporáneo e na divulgación da memoria democrática.

 

 

Un proxecto destas dimensións necesita establecer unhas lóxicas de traballo en equipo que sexan dinámicas, estruturadas e flexibles para poder aproveitar o caudal de coñecemento e experiencia existentes no ámbito historiográfico, técnico e da sociedade civil.

 

Confórmanse para este fin diversos grupos e consellos de traballo e diálogo:

 

  • Grupo de enlace: Histagra-CISPAC-USC e Ministerio de Política Territorial e Memoria Democrática (MPTMD).
  • Consello Académico Asesor Interno (CAAI)
  • Consello Académico Asesor Externo (CAAE).
  • Consello Asesor Técnico (CAT).

 

Grupo de enlace: Histagra-CISPAC-USC e Ministerio de Política Territorial e Memoria Democrática (MPTMD). Sobre este grupo recae a responsabilidade do seguimento e coordinación xeral do proxecto, tal e como está previsto no convenio constitutivo.

 

  • Equipo directivo: Jaime del Rey (MPTMD) e Lourenzo Fernández (USC).
  • Responsables do equipo coordinador: José Luis Muñoz (MPTMD) e Antonio Míguez (USC).
  • Equipo coordinador: Antonio Gómez (MPTMD), Iván de Castro (MPTMD), Ana Cabana (USC), Daniel Lanero (USC) e Eduardo Rico (USC).
  • Equipo de traballo: Conchi López Sánchez (coordinadora técnica de investigación), Laura Martínez Panizo (investigadora predoutoral), Gael Uxío Proupín Cantelar (investigador predoutoral), Mirian Adrio Nieto (investigadora predoutoral) e Alberto González Remuiñán (investigador posdoutoral).

 

Consello Académico Asesor Interno (CAAI), formado por historiadores e historiadoras de ampla experiencia na investigación empírica neste campo e na participación en equipos multidisplinares. A maioría estiveron vinculados ao proxecto interuniversitario «Nomes e Voces» e están familiarizados coa xestión e interpretación de datos en censos de vítimas: Ana Cabana Iglesia (USC); Andrés Dominguez Almansa (USC); Daniel Lanero Táboas (USC); Dionisio Pereira (freelance); Eduardo Rico Boquete (USC); Emilio Grandio Seoane (USC); José Ramón Rodríguez Lago (UVigo); Julio Prada Rodríguez (UVigo); Ramón Villares Paz (USC)

 

Consello Académico Asesor Externo (CAAE), Formado por  investigadores e investigadoras de recoñecido prestixio historiográfico. A súa función é a de servir de sustento metodolóxico e conceptual crítico nas decisións operativas do proxecto: Miguel Ángel Del Arco Blanco (UGR); Juan Luis Pan-Montojo González (UAM); Santiago Manuel López García (USAL); José Miguel Gastón Aguas (Instituto Navarro de la Memoria); Manuel Ortiz Heras (UCLM); Jaume Claret Miranda (UOC); Alejandro Pérez-Olivares (ULL); Jordi Guixé y Coromines (UB); Gemma Domenech Casadevall (ICRPC-UdG); Javier Rodrigo Sánchez (UAB); Antonio Rivera Blanco (UPV-EHU); Jon Mirena Landa (UPV-EHU); Ángela Cenarro Lagunas (Unizar); José Luis Ledesma Vera (UCM); Laura Muñoz Encinar (INCIPIT-CSIC); Francisco Villaamil Fernández (UC3M); Zoe De Kerangat (UNED); Candela Chaves Rodríguez (UNEX); Ángel Luis López Villaverde (UCLM); José Javier Rodríguez González (Unileon); Enrique Berzal De La Rosa (UVA); Francisco Sevillano Calero (UA); Béchir Yadizi (ISHMN-Túnez); Magdalini Fytili (UCM); Ricard Conesa Sánchez (UNED); Queralt Solé Barjau (UB); Verónica Sierra Blas (UAH); Carmen García García (Uniovi); Francisco Acosta Ramírez (UCO); Josep Calvet Bellera (Memorial Democràtic); Fernando del Rey Reguillo (UCM); Gustau Nerín (UB); Óscar Rodríguez Barreira (UAL)

 

Consello Asesor Técnico (CAT), procura conxugar os esforzos de persoas e profesionais que levan anos traballando na xestión de datos sobre vítimas en plataformas similares. Ten un perfil especializado relacionado con funcións de tipo técnico e estrutural no deseño das ferramentas informáticas de xestión da información: Álex Peña (Render); César Layana (Instituto Navarro de la Memoria); Eulàlia Mesalles (Generalitat de Catalunya); Gerard Corbella (La Fonería); Josep Calvet (Memorial Democràtic); M.ª José Serrano (Obrador d'Idees); Mercè Pujadas (Memorial Democràtic); Roberto Palacios (Gogora); Ruth Cancelo (Gogora)