HISTAGRA presenta os resultado do PMD 2025 en varios Institutos de Compostela

HISTAGRA presenta os resultado do PMD 2025 en varios Institutos de Compostela

 

 

Nesta semana, en varios centros educativos de ensinanza secundaria de Santiago de Compostela o Grupo HISTAGRA presentará os avances e os traballos desenvolvidos en 2025 no Plan de Memoria Democrática  de Galicia 2025

 

O martes día 24 de marzo será no IES de Cacheiras (Teo), o mércores 25 de marzo no IES Antón Fraguas de Santiago, e o xoves 26 no IES Xelmirez II tamén de Santiago.

 

Tanto en Cacheiras como no Xelmirez II varios membros do equipo de historia, arqueoloxia e xenética analizaran as exhumacións levadas a cabo en Asados (Rianxo) e Luou (Teo) en novembro de 2025. O mércores, amais da presentación do PMD tamén se realizará unha charla sobre a exposición 80 anos. Santiago 1936, que xa percorreu diferentes centros educativos de Galicia desde que en 2018 fora inaugurada na Fundación Granell. Ademais, en abril esta mesma mostra estará aberta no IES Alfonso X de Cambre, onde tamén se ofrecerá unha charla para diferentes alumnos de ESO e Bacharelato.