Conferencia Pasados Incómodos: A cuestión do Sáhara en perspectiva histórica

Conferencia Pasados Incómodos: A cuestión do Sáhara en perspectiva histórica, por Santiago Jiménez e Souadou Mohamed Fadel

 

O luns día 23 de febreiro ás 11:30 h. Santiago Jiménez, profesor xubilado da USC e a activista Souadou Mohamed Fadel ofrecerán a charla "A cuestión do Sáhara en perspectiva histórica", na Aula 13 da facultade de historia, unha actividade aberta a todo o público.

 

A cuestión do Sahara Occidental é un conflito territorial e de descolonización inacabado de case 50 anos, que enfronta principalmente a Marrocos e ao Frente Polisario, e cuxa soberanía permanece indefinida segundo o dereito internacional. É considerado a última colonia de África e a ONU o considera un "territorio non autónomo".

 

Santiago Jiménez é profesor xubilado de Historia da Facultade de Xeografía e Historia (USC) e membro de OUISO, Observatorio Galego para o Sáhara e Colectivo Al-Dabarán. 

 

Souadou Mohamed Fadel naceu nun campo de refuxiados de El Aiún, no deserto do Sahara, e viviu o que é pertencer a unha nación sen Estado —a República Árabe Saharauí Democrática, que non acaba de ser recoñecida pola ONU-. Vive en Lugo onde chegou coa súa familia.

Documentos