Investigador de HISTAGRA conqueriu o XVII Premio de Historia Agraria Ramón Garrabou

Bruno Esperante Paramos, investigador de HISTAGRA, resultou gañador do XVII Premio de Historia Agraria Ramón Garrabou que otorga a SEHA

 

BRUNO ESPERANTE PARAMOS, concedéuselle o XVII Premio de Historia Agraria Ramón Garrabou polo artigo: “La motorización de una agricultura atlántica y ganadera de pequeños propietarios: la difusión de tractores agrícolas en Galicia, 1939-2000”, Historia Agraria, 90, 2024, pp. 163-192 

 

O xurado, formado por Josep Colomé Ferrer (Universitat de Barcelona), Llorenç Ferrer Alos (Universitat de Barcelona), Antonia Morey (Universitat Illes Balears) e Margarita Vilar Rodríguez (Universidade de A Coruña) destacou do traballo a estrutura do artigo e o amplo coñecemento demostrado polo autor, tanto do marco teórico como da bibliografía referente ao tema traballado; a orixinalidade da formulación e dos obxectivos xunto coa solidez da argumentación en todo o discurso; a interese que presenta o tema abordado, o proceso de mecanización no marco do minifundio, cun estudo de caso que abre novas liñas de investigación para estudos similares noutros territorios; o estudo das vías de difusión e a cronoloxía da mecanización abórdase desde unha visión ampla do proceso de modernización da agricultura galega, coa difusión de tractores, o aumento do gando especializado na produción de leite, o incremento do consumo de fertilizantes etc. Ademais, o traballo vai máis aló da pura innovación técnica e expón tamén a difusión dos tractores como parte dun cambio cultural na agricultura campesiña que cronoloxicamente sitúa no marco da expansión económica dos anos sesenta.

 

Para ver o artigo:

https://dialnet.unirioja.es/servlet/articulo?codigo=9069436