Volven os ciclos de conferencias HISTAGRA para o curso 2025-2026

Volven os ciclos de conferencias HISTAGRA para o curso 2025-2026

 

En setembro deu comezo unha nova xeira do ciclo de seminarios de HISTAGRA para o curso 2025-2026. De novo, presentamos dúas programacións: Pasados incómodos e Seminarios de investigación

 

O Ciclo PASADOS INCÓMODOS: GUERRA, MEMORIA E HISTORIA realízase na súa totalidade na Facultade de Xeografía e Historia entre setembro de 2025 e abril de 2026, e nel participan especialistas da historia, estudos culturais e do pensamento para analizar o pasado e a memoria, así como o seu tratamento presente.

 

Os Seminarios de Investigación HISTAGRA realízanse a cabalo entre a Facultade de Xeografía e Historia, o CISPAC e nesta ocasión a facultade de Humanidades do Campus de Lugo, entre novembro de 2025 e maio de 2026. Os Seminarios de  HISTAGRA  son  un  punto de  encontro para  o debate  colectivo  entre estudantes, investigadores, especialistas, e en xeral, todas aquelas persoas interesadas  nas liñas de investigación do Grupo e do traballo dos investigadores/as que invitamos a presentar proxectos en curso e novos resultados de investigación.  

 

 

O programa é:

 

Seminarios de HISTAGRA:

 

Relatora: Judit Gil Farrero
04 de novembro de 2025
Unha historia ambiental dos conflitos pola construción de encoros en España e Italia (s. XX-XXI). Presentación do proxecto Marie Curie DAMSECIS
15:00 h
Facultade de Xeografía e Historia
Organiza: Grupo HISTAGRA
Aula de Mestrado Historia contemporánea

 


Relatoras: Maigra e María Esther (Mulleres Bravas)
Marzo de 2026
Impactos sobre as persoas e o medio ambiente de diferentes proxectos extractivistas (minas, macrorenovables, grandes empresas, etc) en Honduras e Galicia
Hora a determinar
CISPAC
Seminario 103
Organiza: Grupo HISTAGRA, Amigas da terra e CISPAC

 


Relatorxs: Rosa Mª Pardo Sanz, Carlos de Francisco Martiñán, David Soto
Modera: Daniel Lanero
23 de abril de 2026
Mesa redonda
12 h.
CISPAC
Seminario 103
Organiza: Grupo HISTAGRA e CISPAC



Relatora: Nasly Tatiana García Briñez
Maio de 2026
Presentación da súa investigación
Facultade de Humanidades
Lugo
Organiza: Grupo HISTAGRA
 

 

Ciclo Pasados Incómodos

 

Relator: Dionisio Pereira González
17 de setembro de 2025
A represión franquista en Alhucemas e o Rif Central durante a Guerra Civil Española
19:00 h
Aula 13
Facultade de Xeografía e Historia
Organiza: Grupo HISTAGRA

 


Relatorxs: Magda Oranich (Avogada), Ismael Saz (Historiador), Jesús Rodríguez (xornalista), Lourenzo Fernández Prieto (Historiador) e Flor Baena (Familiar de asasinado)
Modera: Carmina Gustrán (comisionada para a conmemoración dos 50 anos de España en liberdade)
27 de setembro de 2025
As derradeiras execucións da ditadura franquista: 50 anos. Feitos. Testemuños. Memoria
17:00 h
Paraninfo da USC
Organiza: Grupo HISTAGRA e España en Libertad

 


Relatora: Jalane Schmidt
17 de novembro de 2025
“Memoria histórica, espazo público, e guerra civil: unha perspectiva desde os Estados Unidos”
16:00 h
Aula 14
Facultade de Xeografía e Historia
Organiza: Grupo HISTAGRA

 


Relator: Miguel Ángel del Arco
9 febreiro de 2026
Presentación La hambruna española
19:00 h
Ateneo de Santiago
Aula Abanca (R/ Nova)
Organiza: Grupo HISTAGRA e Ateneo de Santiago

 


Relatorxs: Por definir
marzo de 2026
Mesa redonda: Antifranquismo, os e as protagonistas II
19 h.
Facultade de Xeografía e Historia
Aula Magna
Organiza: Grupo HISTAGRA
Actividade enmarcada na materia de 3º curso grao de Historia:
Historia Contemporánea de España. S. XX

 


Relatorxs: Por definir
marzo de 2026
Mesa redonda: Antifranquismo, os e as protagonistas II
19 h.
Facultade de Xeografía e Historia
Aula Magna
Organiza: Grupo HISTAGRA
Actividade enmarcada na materia de 3º curso grao de Historia:
Historia Contemporánea de España. S. XX

 


Relatora: Rosa Mª Pardo Sanz
22 de abril de 2026
De la política a la cooperación técnica: la influencia de la FAO en la evolución agraria española (1950-1975)
19 h.
Facultade de Xeografía e Historia
Aula 14
Organiza: Grupo HISTAGRA
Entrada Libre

Documentos