Aberto o prazo para inscribirse na Agrobiodiversity Summer School 2026

Aberto o prazo para inscribirse na Agrobiodiversity Summer School 2026

 


 

Agrobiodiversity Summer School abre o seu proceso de inscrición para a edición de 2026, que terá lugar en Galicia do 2 ao 12 de setembro. O curso está organizado pola Zurich University of Applied Sciences (ZHAW), o Research Institute of Organic Agriculture (FiBL), e o CISPAC.

 

O curso está dirixido principalmente a estudantado de máster das áreas de ciencias agrarias, medio ambiente, sistemas alimentarios, tecnoloxías de procesado, desenvolvemento rural ou sustentabilidade. A participación está limitada a 30 prazas e restrinxida a estudantes procedentes —ou matriculados— nun amplo número de países europeos. As inscricións están abertas ata o 28 de febreiro de 2026, e a selección realizarase a finais de marzo de 2026.

 

A Summer School combina unha fase preparatoria e unha estadía intensiva de 10 días. Entre abril e setembro de 2026, o estudantado desenvolverá un mini caso de estudo sobre agrobiodiversidade no seu país ou lugar de estudo. Durante a semana presencial en Galicia presentaranse estes traballos, visitaranse casos de estudo en diferentes rexións galegas e desenvolveranse proxectos en grupo. A superación das actividades permitirá obter 6 ECTS.

 

Toda a información e o formulario de inscrición están dispoñibles na web oficial.

Documentos